domingo, 15 de diciembre de 2013

Astrónomos españois descobren un planeta a piques de ser devorado.

Investigadores do Centro de Astrobioloxía descubriron un planeta moribundo situado a uns 3.200 anos luz da Terra, foi bautizado co nome de Kepler 91-b. Orbita tan cerca da sua estrela, unha xigante vermella que ten 6,3 veces o radio do sol, que so tarda pouco mais de 6 días en dar unha volta arredor dela mentras que a Terra tarda 365 días en dar unha volta ao Sol. A súa cercanía á estrela probocará un tráxico destino para este planeta que rematará sendo tragado pola sua compañeira. A confirmación da sua existencia conseguiuse a partir da detección da deformación da superficie da estrela.

Este planeta xigante gaseoso que ten 1,38 veces o radio de Xúpiter e 0,88 veces a sua masa está considerado polos seus descubridores como un auténtico inferno.

Trátase do planeta máis próximo a unha xigante vermella coñecido o que o converte segundo explican dende o Centro de Astrobioloxía no primeiro candidato a ser engullido pola sua estrela, esto sucedera en menos de 55 millóns de anos que pode parecer moito pero en escalas astronómicas é un abrir e pechar de ollos.

A paisaxe deste planeta é para os seus descubridores de ``ciencia ficción´´. Se na Terra o Sol e a Lúa ocupan un 0,0005% na bóbeda celeste esta esfera quédase co 8% do planeta, o que sería unha inmensa bola vermella no ceo. Ocorre un fenómeno parecido ao do sol de medianoite nos polos da Terra iluminando unha parte da cara nocturna do planeta pero el calquer lugar. No ecuador deste planeta o día dura casi o doble ca a noite e en calquer outro punto ainda mais.